Páginas

O SÁBADO 24 DE MAIO INAUGURAMOS A MOSTRA EN VILAGARCÍA DE AROUSA E A PARTIR DO 25 DE MAIO LIBERAMOS AS OBRAS DA MOSTRA

É realmente isto unha mostra?

Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo. Rexeitamos así tamén o ocio.

  Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.

Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.

Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima….

As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira aquí en http://www.mostradabarbarie,wordpress.com  a partir do 25 de Maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario